O soño da nosa comunidade

En 2014 xuntámonos para recuperar un vello sitio da nosa memoria: a Croa do Castro de Cerqueda. Un gran monumento arqueolóxico que preside o val onde vivimos e que protagonizou as vellas historias que se contaron nos nosos lares durante séculos. Agora queremos dar a coñecer a todo o mundo a morada dos nosos devanceiros, recén recuperada polo concello de Malpica para uso e desfrute de todos.
Os veciños de Cerqueda

Unha presentación do proxecto

Que é A Croa do Castro?

Trátase dun recinto fortificado . Ten forma ovalada e na súa croa mide 152x82 metros e está cinguido por un potente parapeto de oito metros de altura. Ubicado no alto dun outeiro, domina un fermoso val agrario que chega ata o mar. Pero o castro ten moitas incógnitas: a primeira é saber exactamente que é o que hai debaixo da maleza e poder determinar a que época pertence.
O equipo técnico

Séguenos no Facebook